A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e
Elisabet Ríos Liste, nada en Londres en 1976, é unha escritora e profesora galega.
Trasladouse con poucos anos ás terras de Ordes e, despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía (Porto, Lisboa, Azores, Cabo Verde), instalouse en 2003 ao pé do Castro de Elviña. Actualmente, desenvolve a súa actividade desde Cambre.
Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega. En 2018 colaborou na revista Ligeia. Dende hai varios anos traballa no IES Xosé Neira Vilas (Oleiros), dando a súa especialidade a lingua galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego