"'eu coñecín o Ruletista'. Disto non teño dúbida ningunha: malia ser imposible que existise, existiu. Pero hai un lugar no mundo onde o imposible é posible, e é na ficción, é dicir, na literatura. [...] O Ruletista non podía vivir no mundo, que é outro modo de dicir que o mundo en que viviu era ficticio, era literatura. Non hai lugar a dúbidas, o Ruletista é un personaxe. Pero entón eu son tamén un personaxe, e aquí non podo senón exultar de ledicia. Porque os personaxes nunca morren, viven cada vez que o seu mundo é «lido». [...] Esta é a miña aposta e a miña esperanza. Agardo de todo corazón -e teño un argumento de peso: o Ruletista- ser un personaxe dunha historia e, aínda que teña oitenta anos, non morrer endexamais porque, de feito, nunca vivín. Quizais non viva unha historia digna, quizais sexa só un personaxe secundario pero, para un home ao final da súa vida, calquera perspectiva é preferible á de desaparecer para a eternidade."
e descubre todas as novidades do libro en galego