1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A LIBERDADE QUE ME HABITA
A LIBERDADE QUE ME HABITA

A LIBERDADE QUE ME HABITA

Beatriz Cabaleiro
0 veces listado

Zahira está a piques de competir na proba que pode decidir o seu futuro. Será a primeira triatleta que represente a Marrocos nuns Xogos Olímpicos? Mais a auténtica carreira foi chegar até alí. A emigración a Galicia, a tensión entre a cultura dos seus pais e a nova vida en Europa. O deporte é a súa…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Aira
Data publicación
2026-07-15
Idioma
GALEGO
ISBN
979-1-3992-3093-2
EAN
9791399230932
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Acabo de ler A liberdade que me habita, unha novela para público xuvenil de Beatriz Cabaleiro publicada en Aira, e desde logo foi unha grata sorpresa. Nesta novela atopamos a Zahira, unha protagonista que chega de Marrocos a Galicia e ten que facer difíciles equilibrios entre unha familia que a quere pero na que o pai ten unha visión moi tradicional e a vida que ela vai descubrindo aquí, primeiro só colexio pero despois tamén no ambiente no que ela comeza a destacar, no mundo do deporte onde "correr era unha metáfora da súa fuxida daquel mundo". Zahira é a personaxe ao redor da cal gravita toda a novela. Con ela descubrimos os difíciles equilibrios que teñen que facer os adolescentes inmigrantes ─especialmente as rapazas─ cuxas familias poden non compartir os valores do seu país de acollida no que os fillos loitan por integrarse e atopar o seu lugar. Tamén vemos como os pais teñen máis difícil a súa adaptación polo que agarrarse aos valores tradicionais pode proporcionarlles unha referencia vital pois o contrario sería desbotar todo o seu mundo coñecido quedando sen referencias. O mundo do triatlón é o contorno no que loita Zahira por destacar é o que lle proporcionará os apoios que necesita no complicado camiño de buscar referencias propias durante a súa propia adolescencia. Un mundo pouco coñecido por moitos pero admirablemente ben descrito, proporcionándolle un contexto absolutamente realista. Entre os agradecementos figura Samia, amiga da autora, e quen sen dúbida proporcionou toda a información e detalles para a excelente contextualización que atopamos na novela, "unha ponte entre dous mundos". Descubrimos como fixo a autora que "as emocións, os medos e a gana de ser unha mesma parécense moito máis do que cremos". Quedo moi agradecida a Beatriz por achegarme esta novela que creo unha lectura moi adecuada para rapazas e rapaces dos últimos cursos de ESO ou bacharelato pois o tema da integración dos adolescentes africanos non adoita atoparse nas lecturas habituais. Confío que lles guste tanto coma a min.

Outros libros de Beatriz Cabaleiro

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego