Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais…
En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que comeza como o diario íntimo dunha rapaza é tamén un testemuño extraordinario sobre o Holocausto.
Escrito con espontaneidade, humor, rebeldía e unha sorprendente madurez, O caderno de Rutka reconstrúe os últimos meses da vida de Rutka Laskier antes da súa deportación a Auschwitz. O seu caderno, conservado durante décadas e descuberto no 2006, converteuse nun dos testemuños máis conmovedores da persecución nazi, pola súa capacidade para facer visible, desde a intimidade, a vida cotiá das vítimas do xenocidio dos xudeus.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro