1. INICIO
  2. Autores
  3. AFONSO BECERRA DE BECERREÁ
Avatar de AFONSO BECERRA DE BECERREÁ

AFONSO BECERRA DE BECERREÁ

Becerreá , 1973
7 títulos
0 seguidores

Afonso Becerra Arrojo, coñecido como Afonso Becerra de Becerreá, nado en Becerreá o 16 de abril de 1973, e un dramaturgo e director de escena galego.

Doutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Arte Dramática na Escola Superior d’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona, na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia. Titulado en Interpretación polo ITAE de Asturias. Exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Dirixiu a Asociación Cultural A Pipa de Becerreá entre 1988 e 2016, onde desenvolveu diversas iniciativas relacionadas coa literatura galega e o teatro, como son as Noites Poéticas e o Certame Literario da Alta Montaña Luguesa.

En 2009 fundou, xunto á directora de escena Ana Contreras, a compañía Ónfalo Teatro. Pertence ao Consello de Redacción da Erregueté e director da Revista Galega de Teatro. É colaborador da revista ARTEZ e de El Periódico de las Artes Escénicas y Visuales ARTEZBLAI, tamén realiza colaboracións esporádicas na revista Primer Acto e en Tempos Novos. Foi membro da AICT (Asociación Internacional de Crítica Teatral), da ADE (Asociación de Directores de Escena). Do 2006 ao 2009 formou parte do Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego).

Libros de AFONSO BECERRA DE BECERREÁ

Dramaturxia. Teoria e practica
Dramaturxia. Teoria e practica
Pandrama
Pandrama
História da dan‡a contemporânea na Galiza
História da dan‡a contemporânea na Galiza
TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS
TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS
DRAMTRICULAS
DRAMTRICULAS
Pandrama
Pandrama
CONFIO-TE O MEU CORPO
CONFIO-TE O MEU CORPO

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego