1. INICIO
  2. Autores
  3. FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL
Avatar de FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL

FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL

Ourense , 1956
20 títulos
0 seguidores

Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956, é un narrador e poeta galego.

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Funcionario da administración pública ata a súa xubilación en 2019, reside desde 1982 na Coruña. Comparte a vida coa fotógrafa Maribel Longueira, e teñen un fillo nado en 1986, chamado Daniel.

Desde 1980, coa publicación do seu primeiro poemario, A fonte abagañada, desenvolveu unha carreira literaria onde cultiva tanto a ficción (poesía, novela, relato e narrativa infanto-xuvenil) como outras modalidades (ensaio, guías de viaxe e artigos en revistas galegas, españolas e americanas).

Na súa produción narrativa destacan, entre outros temas, o seu achegamento á guerra civil española, o despoboamento do mundo rural e, en xeral, o tratamento da memoria como elemento esencial de identidade individual e colectiva. Na súa obra poética ten como temas recorrentes o compromiso social, o paso do tempo, a memoria e o tratamento da paisaxe, mentres que na súa obra ensaística, destaca a súa análise sobre a figura de Julio Cortázar e a súa relación con Galicia, xunto a un interese especial pola cultura marítima.

Tamén escribiu guións para series da Televisión de Galicia, produtoras do sector audiovisual e institucións culturais. Colaborou en diversos medios de comunicación, así como ten participado en numerosos recitais e conferencias.

Participou na creación das compañías teatrais Rúa Viva e Caritel, e o seu monólogo Non se che faga tarde foi representado pola actriz María Inés Cuadrado en salas de España e América. Implicado desde novo nos movementos asociativos culturais, asiste regularmente a encontros, congresos e a festivais poéticos en Europa e América.

A súa obra foi traducida a varias linguas, entre elas: portugués, castelán, éuscaro, catalán, francés, italiano, inglés, ruso e árabe.

Entre 2002 e 2003 formou parte, como vogal, do Consello Directivo da AELG, substituíndo a Luísa Villalta.

Libros de FRANCISCO X. FERNÁNDEZ NAVAL

No corazón da Fraga
No corazón da Fraga
Historias roubadas
Historias roubadas
Lendas de onte, soños de mañá
Lendas de onte, soños de mañá
Suso Espada. O misterio do Grial
Suso Espada. O misterio do Grial
Do A ao Z con... Uxío Novoneyra
Do A ao Z con... Uxío Novoneyra
Suso Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro
Suso Espada. Istanbul e o cabaliño de ouro
Suso Espada. 'Nota Roja'
Suso Espada. 'Nota Roja'
Cita co aire, unha
Cita co aire, unha
Alma e o mar
Alma e o mar
Bater de sombras: X Premio de Poesia Fiz Vergara
Bater de sombras: X Premio de Poesia Fiz Vergara
Sete noites e un amencer
Sete noites e un amencer
OS CONTOS DA AVOA PEPA
OS CONTOS DA AVOA PEPA
O bosque das antas
O bosque das antas
Para seguir bailando
Para seguir bailando
A noite branca
A noite branca
Níxer
Níxer
Sombras no labirinto/medusa
Sombras no labirinto/medusa
(g).mar de lira.(baleeiros)
(g).mar de lira.(baleeiros)
(GAL) SER CETÁCEO
(GAL) SER CETÁCEO
Unha flor de esperanza
Unha flor de esperanza

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego