1. INICIO
  2. Libros
  3. SUSO ESPADA. 'NOTA ROJA'
SUSO ESPADA. 'NOTA ROJA'

SUSO ESPADA. 'NOTA ROJA'

Francisco X. Fernández Naval
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, recibe o encargo de investigar un suposto caso de 'mal de ollo'. Nesas anda cando recibe un misterioso correo electrónico do seu curmán Francisco, que vive en México, no que lle pide axuda. Con autorización do seu xefe e sen abandonar o caso

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EVEREST
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4403-1149-8
EAN
9788440311498
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Francisco X. Fernández Naval

Ver autor

Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956, é un narrador e poeta galego.

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Funcionario da administración pública ata a súa xubilación en 2019, reside desde 1982 na Coruña. Comparte a vida coa fotógrafa Maribel Longueira, e teñen un fillo nado en 1986, chamado Daniel.

Desde 1980, coa publicación do seu primeiro poemario, A fonte abagañada, desenvolveu unha carreira literaria onde cultiva tanto a ficción (poesía, novela, relato e narrativa infanto-xuvenil) como outras modalidades (ensaio, guías de viaxe e artigos en revistas galegas, españolas e americanas).

Na súa produción narrativa destacan, entre outros temas, o seu achegamento á guerra civil española, o despoboamento do mundo rural e, en xeral, o tratamento da memoria como elemento esencial de identidade individual e colectiva. Na súa obra poética ten como temas recorrentes o compromiso social, o paso do tempo, a memoria e o tratamento da paisaxe, mentres que na súa obra ensaística, destaca a súa análise sobre a figura de Julio Cortázar e a súa relación con Galicia, xunto a un interese especial pola cultura marítima.

Tamén escribiu guións para series da Televisión de Galicia, produtoras do sector audiovisual e institucións culturais. Colaborou en diversos medios de comunicación, así como ten participado en numerosos recitais e conferencias.

Participou na creación das compañías teatrais Rúa Viva e Caritel, e o seu monólogo Non se che faga tarde foi representado pola actriz María Inés Cuadrado en salas de España e América. Implicado desde novo nos movementos asociativos culturais, asiste regularmente a encontros, congresos e a festivais poéticos en Europa e América.

A súa obra foi traducida a varias linguas, entre elas: portugués, castelán, éuscaro, catalán, francés, italiano, inglés, ruso e árabe.

Entre 2002 e 2003 formou parte, como vogal, do Consello Directivo da AELG, substituíndo a Luísa Villalta.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Francisco X. Fernández Naval

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego