1. INICIO
  2. Libros
  3. SUSO ESPADA. O MISTERIO DO GRIAL
SUSO ESPADA. O MISTERIO DO GRIAL

SUSO ESPADA. O MISTERIO DO GRIAL

Francisco X. Fernández Naval
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Logo da aparición da primeira aventura de Suso Espada, o investigador da Axencia de Detectives Nabucodonosor (ADN), publicada en Lendas de onte, soños de mañá, chega agora a primeira das súas novelas. Ausente o seu xefe, Suso Espada recibe a visita dun cliente que lle encarga a investigación da

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EVEREST
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4403-0434-6
EAN
9788440304346
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Francisco X. Fernández Naval

Ver autor

Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956, é un narrador e poeta galego.

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Funcionario da administración pública ata a súa xubilación en 2019, reside desde 1982 na Coruña. Comparte a vida coa fotógrafa Maribel Longueira, e teñen un fillo nado en 1986, chamado Daniel.

Desde 1980, coa publicación do seu primeiro poemario, A fonte abagañada, desenvolveu unha carreira literaria onde cultiva tanto a ficción (poesía, novela, relato e narrativa infanto-xuvenil) como outras modalidades (ensaio, guías de viaxe e artigos en revistas galegas, españolas e americanas).

Na súa produción narrativa destacan, entre outros temas, o seu achegamento á guerra civil española, o despoboamento do mundo rural e, en xeral, o tratamento da memoria como elemento esencial de identidade individual e colectiva. Na súa obra poética ten como temas recorrentes o compromiso social, o paso do tempo, a memoria e o tratamento da paisaxe, mentres que na súa obra ensaística, destaca a súa análise sobre a figura de Julio Cortázar e a súa relación con Galicia, xunto a un interese especial pola cultura marítima.

Tamén escribiu guións para series da Televisión de Galicia, produtoras do sector audiovisual e institucións culturais. Colaborou en diversos medios de comunicación, así como ten participado en numerosos recitais e conferencias.

Participou na creación das compañías teatrais Rúa Viva e Caritel, e o seu monólogo Non se che faga tarde foi representado pola actriz María Inés Cuadrado en salas de España e América. Implicado desde novo nos movementos asociativos culturais, asiste regularmente a encontros, congresos e a festivais poéticos en Europa e América.

A súa obra foi traducida a varias linguas, entre elas: portugués, castelán, éuscaro, catalán, francés, italiano, inglés, ruso e árabe.

Entre 2002 e 2003 formou parte, como vogal, do Consello Directivo da AELG, substituíndo a Luísa Villalta.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Francisco X. Fernández Naval

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego