1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ CHAO REGO
Avatar de XOSÉ CHAO REGO

XOSÉ CHAO REGO

Vilalba , 1932
14 títulos
0 seguidores

Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2015, foi un teólogo e escritor galego.

Estudou filosofía en Salamanca e Madrid e teoloxía en Roma. Consagrouse sacerdote en 1956 na Basílica de San Pedro de Roma. Foi profesor do seminario de Mondoñedo e párroco de Santa Mariña do Vilar en Ferrol (1959-1976), tras secularizarse foi profesor de instituto en Vilalba e a partir de 1982 en Santiago de Compostela no Instituto Rosalía de Castro. Foi un dos propulsores das revistas Irimia e Encrucillada e do movemento de renovación cristiá e galeguismo que se artellou en torno a elas.

Como ensaísta, escribiu principalmente sobre teoloxía e antropoloxía social. A súa obra é ben extensa.

Foi irmán do escritor residente en Francia Ramón Chao. Desde 2002 foi socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde se lle distinguiu coa Letra E. Fillo adoptivo de Santiago de Compostela desde o 2004, unha rúa desta cidade leva o seu nome.

Libros de XOSÉ CHAO REGO

Condicion homosexual, a (premio legais)
Condicion homosexual, a (premio legais)
O demo meridiano
O demo meridiano
A homosexualidade a debate
A homosexualidade a debate
Biblia popular galega
Biblia popular galega
A cousa principiou en Galilea
A cousa principiou en Galilea
Historia do pobo de Xesús
Historia do pobo de Xesús
Eu renazo galego
Eu renazo galego
Tempos son chegados, os
Tempos son chegados, os
De Exipto Chamei ao Meu Fillo
De Exipto Chamei ao Meu Fillo
Consolade o meu pobo
Consolade o meu pobo
Meu pai era un arameo vagamundo, o
Meu pai era un arameo vagamundo, o
Iahvé é o Noso Rei
Iahvé é o Noso Rei
O libro da auga
O libro da auga
Quen dicides que sou?
Quen dicides que sou?

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego