Este libro recolle as memorias de Igrexa de Xosé Chao Rego, unha das figuras máis brillantes do pensamento galego contemporáneo, o escritor e ensaísta que quizais máis páxinas teña publicado na nosa lingua. Un volume que completa o percorrido vital e biográfico iniciado no libro de Daniel López
Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2015, foi un teólogo e escritor galego.
Estudou filosofía en Salamanca e Madrid e teoloxía en Roma. Consagrouse sacerdote en 1956 na Basílica de San Pedro de Roma. Foi profesor do seminario de Mondoñedo e párroco de Santa Mariña do Vilar en Ferrol (1959-1976), tras secularizarse foi profesor de instituto en Vilalba e a partir de 1982 en Santiago de Compostela no Instituto Rosalía de Castro. Foi un dos propulsores das revistas Irimia e Encrucillada e do movemento de renovación cristiá e galeguismo que se artellou en torno a elas.
Como ensaísta, escribiu principalmente sobre teoloxía e antropoloxía social. A súa obra é ben extensa.
Foi irmán do escritor residente en Francia Ramón Chao. Desde 2002 foi socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde se lle distinguiu coa Letra E. Fillo adoptivo de Santiago de Compostela desde o 2004, unha rúa desta cidade leva o seu nome.
e descubre todas as novidades do libro en galego