Desde que contratei a miña nova axudante, Pinky Pick, ocorreume de todo: obrigáronme a pasar a Noitevella no Polo Norte, percorrín quilómetros á deriva sobre un iceberg sen sequera unha mísera codia de queixo á que botarlle o dente e bailei tango durante horas e horas.
Elisabetta Dami, nada en Milán en 1958 é unha escritora italiana de literatura infantil célebre pola creación da personaxe Geronimo Stilton.
Dami é filla do editor Piero Dami, que fundou Dami Editore en 1972. Aos trece anos comezou no mundo das publicacións como correctora no negocio familiar e aos trece anos escribiu os seus primeiros relatos curtos.
A súa experiencia como voluntaria con nenos enfermos deulle a idea de escribir historias de aventuras cun rato chamado Geronimo Stilton como protagonista. Estas historias convertéronse nunha sensación editorial en Italia e internacionalmente. Dende entón, as historias de Geronimo Stilton foron traducidas a 49 linguas e venderon máis de 161 millóns de exemplares en todo o mundo.
e descubre todas as novidades do libro en galego