Todo comezou cun café con leite... Un café con leite? Pero, que que ten que ver o café con leite con toda esta historia? Si, así comezou todo: a miña tola paixón por Provoleta, a expedición á Illa Bolboreta na procura da Oitava Marabilla... Unha aventura fantástica, palabra de roedor!
Elisabetta Dami, nada en Milán en 1958 é unha escritora italiana de literatura infantil célebre pola creación da personaxe Geronimo Stilton.
Dami é filla do editor Piero Dami, que fundou Dami Editore en 1972. Aos trece anos comezou no mundo das publicacións como correctora no negocio familiar e aos trece anos escribiu os seus primeiros relatos curtos.
A súa experiencia como voluntaria con nenos enfermos deulle a idea de escribir historias de aventuras cun rato chamado Geronimo Stilton como protagonista. Estas historias convertéronse nunha sensación editorial en Italia e internacionalmente. Dende entón, as historias de Geronimo Stilton foron traducidas a 49 linguas e venderon máis de 161 millóns de exemplares en todo o mundo.
e descubre todas as novidades do libro en galego