Mona Ratisa agocha un segredo! Ratardo da Revinci agochou no cadro unhas misteriosas pistas... O meu olfacto de rato dime que nel hai un tesouro. Escoitastes ben! Un tesouro! Queredes vir comigo ou non? Será unha caza do tesouro para facer tremelicar os bigotes, palabra de Stilton!
Elisabetta Dami, nada en Milán en 1958 é unha escritora italiana de literatura infantil célebre pola creación da personaxe Geronimo Stilton.
Dami é filla do editor Piero Dami, que fundou Dami Editore en 1972. Aos trece anos comezou no mundo das publicacións como correctora no negocio familiar e aos trece anos escribiu os seus primeiros relatos curtos.
A súa experiencia como voluntaria con nenos enfermos deulle a idea de escribir historias de aventuras cun rato chamado Geronimo Stilton como protagonista. Estas historias convertéronse nunha sensación editorial en Italia e internacionalmente. Dende entón, as historias de Geronimo Stilton foron traducidas a 49 linguas e venderon máis de 161 millóns de exemplares en todo o mundo.
e descubre todas as novidades do libro en galego