A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer
Alberto Mancebo Soto (Vimianzo, 1983). Con quince anos comezou a colaborar na Cadena Ser da súa vila. Licenciado en Xornalismo, completou a súa formación profesional en Liverpool, a súa segunda casa e á que sempre volve.
Dende o ano 2004 traballa para a Televisión de Galicia, onde se encargou de diferentes coberturas xornalísticas por toda Europa e no Canadá, Brasil ou Panamá. Durante cinco anos foi correspondente en Portugal. Actualmente presenta o Telexornal Fin de Semana. «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) foi a súa primeira novela e con «Indolente» (Xerais, 2024) conseguiu o XXX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Non deixa de estudar idiomas, a súa outra gran paixón xunto coas viaxes. Foto do autor: Luis Sanmartín
e descubre todas as novidades do libro en galego