1. INICIO
  2. Libros
  3. INDOLENTE
INDOLENTE

INDOLENTE

Alberto Mancebo
0 veces listado

Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0571-2
EAN
9788411105712
Formato
RUSTICA
Avatar

Alberto Mancebo

Ver autor

Alberto Mancebo Soto (Vimianzo, 1983). Con quince anos comezou a colaborar na Cadena Ser da súa vila. Licenciado en Xornalismo, completou a súa formación profesional en Liverpool, a súa segunda casa e á que sempre volve.

Dende o ano 2004 traballa para a Televisión de Galicia, onde se encargou de diferentes coberturas xornalísticas por toda Europa e no Canadá, Brasil ou Panamá. Durante cinco anos foi correspondente en Portugal. Actualmente presenta o Telexornal Fin de Semana. «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) foi a súa primeira novela e con «Indolente» (Xerais, 2024) conseguiu o XXX Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Non deixa de estudar idiomas, a súa outra gran paixón xunto coas viaxes. Foto do autor: Luis Sanmartín

Valoracións das lectoras e lectores
1.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

100%
Avatar
Leo No
1

Gañou un premio. O XXX Premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey”. O exemplo de que gañar un premio non di nada do libro e moito do xurado que escolleu o gañador. Que gran contraste entre o que eu sentín e o ditame que saiu da man de alguén que tiña máis imaxinación que a que aparece en Indolente: "Novela de narración poderosa, de desacougante escenario agónico, a súa trama crea unha hipnótica atmosfera rebordante de violencia na que os personaxes teñen que decidir inclinarse pola supervivencia solidaria ou pola loita individualista, atrapados nunha témera tormenta solar. Inquedante, insólita e apelativa, esta historia convida a repensar o fondo da alma humana, coas súas faíscas luminosas, mais tamén coas súas miserias insondables". Xa vos digo eu que esta novela non é así, pero animo, claro, a que todos a lean para sacar a súa propia opinión. https://axendacultural.aelg.gal/2024/01/02/alberto-mancebo-gana-a-xxx-edicion-do-premio-de-novela-curta-manuel-lueiro-rey/

Outros libros de Alberto Mancebo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego