1. INICIO
  2. Libros
  3. NINGUÉN CONTARÁ A VERDADE (PREMIO XERAIS 2023)
NINGUÉN CONTARÁ A VERDADE (PREMIO XERAIS 2023)

NINGUÉN CONTARÁ A VERDADE (PREMIO XERAIS 2023)

Pedro Feijoo
0 veces listado

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0432-6
EAN
9788411104326
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Pedro Feijoo

Ver autor

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro «Cousas do «Galicia», por Castelao» (1997), ao que seguiu a crónica «Viva o Fu Remol!» (Xerais, 2005). 

Como narrador publicou as seguintes novelas: «Os fillos do mar» (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; «A memoria da choiva» (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; «Morena, perigosa e románica» (Xerais, 2015); «Os fillos do lume» (Xerais, 2017); «Sen piedade» (Xerais, 2018); «Un lume azul» (Xerais, 2019); «Ninguén contará a verdade» (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela, e «»Onde nacen as bestas» (Xerais, 2025).

 Ademais, publicou os libros «Camiñar o Vigo vello» (Xerais, 2018) e «Pequena historia de Vigo» (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás. 

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
3 valoracións

5 estrelas

33%

4 estrelas

33%

3 estrelas

33%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Iago Abeledo
4

Á hora de ler a Pedro Feijoo sempre agardo por un libro do nivel de "Un Lume azul", pero en "Ninguén contará a verdade" non cheguei a sentir a tensión e a emoción que agardaba. Porén a trama que se narra neste thriller polñitico, que ben podería ser baseada en feitos reais, fai que te identifiques rapidamente con ela e ata poida que che resulte familiar.

Outros libros de Pedro Feijoo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego