Néboa fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Néboa é moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguén que naceu nunha nave
Olaia Sendón Ogando, nada en Ourense o 17 de marzo de 1978, é unha profesora, ilustradora e cineasta galega.
Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola UAB, DEA en Publicidade 2002. En 2002 empezou a traballar na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense para seguir de profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña. É tamén autora de documentais e pezas de videoarte presentes en diferentes concursos e festivais.
Fundou a produtora Ollo Birollo en 2007 para canalizar as súas producións.
É filla do fotógrafo Manuel Sendón.
e descubre todas as novidades do libro en galego