Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar... E as letras e palabras xogan ás escondidas. Atoparalas todas? Aprende ortografía mentres buscas e encontras. Un libro divertido,
Olaia Sendón Ogando, nada en Ourense o 17 de marzo de 1978, é unha profesora, ilustradora e cineasta galega.
Licenciouse en Comunicación Audiovisual pola UAB, DEA en Publicidade 2002. En 2002 empezou a traballar na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense para seguir de profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña. É tamén autora de documentais e pezas de videoarte presentes en diferentes concursos e festivais.
Fundou a produtora Ollo Birollo en 2007 para canalizar as súas producións.
É filla do fotógrafo Manuel Sendón.
e descubre todas as novidades do libro en galego