1. INICIO
  2. Libros
  3. O CADERNO DE ROQUE
O CADERNO DE ROQUE

O CADERNO DE ROQUE

Carlos Taboada
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a percorrer o mundo e que lles prometeu volver para celebrar unha festa polo seu trinta aniversario. Cando chega o día sinalado, a familia recibe na caixa do correo o caderno de viaxe do tío e,

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0620-7
EAN
9788411106207
Formato
RUSTICA
Avatar

Carlos Taboada

Ver autor

Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979 e finado na mesma cidade o 13 de agosto de 2025, foi un activista cultural, ilustrador e escritor galego.

Foi xogador de balonmán nas categoría inferiores do Teucro, defendeu con Enrique Mauricio a portería do club Artai. Estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón e logo Publicidade.

Ten colaborado en diversas publicacións, como por exemplo no fanzine catalán Despacio ou na campaña "Mans Limpas" promovida polo SERGAS en 2007.

É autor, conxuntamente con Enrique Mauricio Iglesias, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008. 

Tamén colaboraron en "Queres un conto" do Xabarín Club da TVG e en 2016 foron convidados á Feira do Libro de Bos Aires como embaixadores do Salón do Libro de Pontevedra. Asinaron murais no espazo público, boa parte deles en colexios de Pontevedra. Da súa autoría son o dedicado á e scritora María Victoria Moreno e o dedicado ás mulleres de Pontevedra.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Carlos Taboada

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego