Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo,
Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979 e finado na mesma cidade o 13 de agosto de 2025, foi un activista cultural, ilustrador e escritor galego.
Foi xogador de balonmán nas categoría inferiores do Teucro, defendeu con Enrique Mauricio a portería do club Artai. Estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón e logo Publicidade.
Ten colaborado en diversas publicacións, como por exemplo no fanzine catalán Despacio ou na campaña "Mans Limpas" promovida polo SERGAS en 2007.
É autor, conxuntamente con Enrique Mauricio Iglesias, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.
Tamén colaboraron en "Queres un conto" do Xabarín Club da TVG e en 2016 foron convidados á Feira do Libro de Bos Aires como embaixadores do Salón do Libro de Pontevedra. Asinaron murais no espazo público, boa parte deles en colexios de Pontevedra. Da súa autoría son o dedicado á e scritora María Victoria Moreno e o dedicado ás mulleres de Pontevedra.
e descubre todas as novidades do libro en galego