1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ÍTACA
ÍTACA

ÍTACA

María Besteiros
1 veces listado

Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0621-4
EAN
9788411106214
Formato
RUSTICA
Avatar

María Besteiros

Ver autor

María Comesaña Besteiros, tamén coñecida como María Besteiros, nada en Vigo en 1979, é unha poeta galega.

Doutorada en filoloxía galega pola Universidade de Vigo, a súa tese de doutoramento De Darío a Sofía (1996-2014): a representación da maternidade nas autoras galegas actuais analiza as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas, sendo o director da tese Burghard Baltrusch. Traballa fundamentalmente arredor da poesía contemporánea de autoría feminina e das teorías feministas.

Tamén é auxiliar técnica veterinaria e dedícase á corrección e creación de contido para distintas empresas.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
4 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

A miña última lectura foi a novela finalista do último premio Xerais, Ítaca de María Besteiros. Aos seus corenta e cinco anos, Penélope atópase nun punto de inflexión e evolución. Acaba de dar a luz á súa filla morta, Ítaca. Ítaca foi unha filla chegada sen contar con ela creando en Penélope unha nova ilusión dentro dunha vida anodina na que o seu único sostén é a relación co seu fillo Telémaco. Con Ulises, o seu marido, a relación leva anos sendo distante pois el asumiu un rol ausente e centrado no traballo mentres buscaba o sexo en relacións esporádicas. Mentres tanto, a relación con Penélope fora esmorecendo e o embarazo de Ítaca supuxera unha inesperada ilusión que el non estivo preparado para compartir. Pola contra, Telémaco apoiou á súa nai en todo o proceso mentres en silencio acusaba este exceso de responsabilidade así como a ausencia do pai. O proceso no ano posterior foi doloroso, navegando por reencontrarse consigo mesma nun proceso persoal que a foi unindo a Telémaco mentres se distanciaba das súas irmás e Ulises, que non souberon entender o seu proceso persoal. A novela remata de forma interesante, deixando espazo para que Penélope se reencontre, integrando a perda de Ítaca deixando a dor atrás para reemprender a súa nova etapa vital. Como novela moi breve, só están debuxados os personaxes principais, Penélope e Telémaco. Gustoume o retrato de Penélope, no que está moi ben explicado o seu proceso anímico asociado ao embarazo e posparto mentres que Telémaco non me acaba de resultar realista no seu apoio á nai sendo como é un adolescente. En conxunto, é unha novela fácil e rápida de ler que nos fai reflexionar sobre a perda, a súa superación e a diferente forma de expresión dos sentimentos na parella.

Outros libros de María Besteiros

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego