Penélope tece e lembra. E os fíos do seu recordo cóntannos unha historia onde a nostalxia e a beleza van construíndo un tapiz cheo de cor. María Besteiros toma o mito homérico como punto de partida para compor un poema ilustrado por Bea Gregores. Unha celebración literaria do amor e da resistencia.
María Comesaña Besteiros, tamén coñecida como María Besteiros, nada en Vigo en 1979, é unha poeta galega.
Doutorada en filoloxía galega pola Universidade de Vigo, a súa tese de doutoramento De Darío a Sofía (1996-2014): a representación da maternidade nas autoras galegas actuais analiza as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas, sendo o director da tese Burghard Baltrusch. Traballa fundamentalmente arredor da poesía contemporánea de autoría feminina e das teorías feministas.
Tamén é auxiliar técnica veterinaria e dedícase á corrección e creación de contido para distintas empresas.
e descubre todas as novidades do libro en galego