«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós unha estremecedora historia de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha
Manuel Esteban Domínguez, nado en Vigo o 18 de xuño de 1971, é un médico e escritor galego.
Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, é profesor da rama sanitaria de Formación Profesional no centro Manuel Antonio de Vigo. Foi vicepresidente da asociación Down Vigo. En 2016 gañou o premio Xerais coa novela A ira dos mansos.
O inspector de policía Carlos Manso é o protagonista das súas tres novelas de xénero policial. Publicou ademais varias novelas de ciencia ficción: Setestrelo para público xuvenil, O xogo de Escher, co que gañou o Premio Cidade centenaria de Ribeira, e Trickstar. Postais desde as estrelas.
e descubre todas as novidades do libro en galego