A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces,
Manuel Esteban Domínguez, nado en Vigo o 18 de xuño de 1971, é un médico e escritor galego.
Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, é profesor da rama sanitaria de Formación Profesional no centro Manuel Antonio de Vigo. Foi vicepresidente da asociación Down Vigo. En 2016 gañou o premio Xerais coa novela A ira dos mansos.
O inspector de policía Carlos Manso é o protagonista das súas tres novelas de xénero policial. Publicou ademais varias novelas de ciencia ficción: Setestrelo para público xuvenil, O xogo de Escher, co que gañou o Premio Cidade centenaria de Ribeira, e Trickstar. Postais desde as estrelas.
e descubre todas as novidades do libro en galego