1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CRIATURIÑA
CRIATURIÑA

CRIATURIÑA

Antonio Manuel Fraga
0 veces listado

Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-04-09
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0803-4
EAN
9788411108034
Avatar

Antonio Manuel Fraga

Ver autor

Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976. 

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.

Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais).

Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como O capitán Maimiño (Tambre-Edelvives), Papá caníbal (Xerais), Ningunha estrela levará o meu nome (Oqueleo), Como escorrentar un lobo (Cuarto de Inverno) ou Mica, Cuarzo e Feldespato (Triqueta Editora).

En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.

En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil. En 2022 foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022.

No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra santoamaro, novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021.

Con Askja (Xerais, 2025) consegue o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
5

Criaturiña, precioso libro! Debo dicir que collín este libro chamada pola bonita e misteriosa portada con eses olliños que piden lectura. Esta novela para lectores e lectoras que xa non teñan medo de libros de verdade, atoparán unha historia chea de humor e misterio na que FBI, é dicir Francisco Bestilleiro Infante, e Ulises levan dúas liñas narrativas diferentes pero que acaban confluíndo ao final da novela. Na primeira, FBI, sempre co seu persoal estilo, procura facer o seu traballo o mellor posible na comisaría á que se acaba de incorporar, aínda que non todo sae tal e como imaxinaba. O libro comeza cando lle escribe a súa historia ao seu ídolo Chuck Norris. Na outra, Ulises é un neno ao que lle acaba de chegar un agasallo da súa tía Artemisa. Un agasallo do máis especial: un ovo do que sae unha criatura misteriosa que Ulises e a súa amiga Sabina procurarán custodiar pero vailles resultar un tanto complicado porque a criatura ten ideas propias que non sempre coinciden co que se esperaría. O formato epistolar no que se alternan as cartas, os personaxes orixinais e divertidísimos ademais dunha trama que evoluciona de forma imprevisible, fan que resulte un libro difícil de pousar. O que que máis me gustou foi claramente o humor, esa homenaxe a tantos autores e personaxes que nos fixeron lectores e conseguiron divertirnos ao longo dos anos: Tintín, Astérix, a rúa do Percebe ou Chuck Norris. Non podemos esquecer tampouco as fantásticas ilustracións de Santy Gutiérrez, un elemento que axuda a darlle moira graza á nosa criaturiña! Por todos estes ingredientes creo que será un libro con moito percorrido entre o público infantil.

Outros libros de Antonio Manuel Fraga

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego