1. INICIO
  2. Libros
  3. O CAPITÁN MAIMIÑO
O CAPITÁN MAIMIÑO

O CAPITÁN MAIMIÑO

Antonio Manuel Fraga
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O capitán Maimiño, xefe dos exércitos do rei Pousafoles V, está desesperado. O seu fillo Belleco non quere ser guerreiro coma el, e a súa filla Chinchanamoca prefire enredar polo bosque a ser unha doncela casadeira. Os seus problemas aumentan cando lle cae do corpo a parte da que está máis

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
TAMBRE EDITORIAL
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4904-6146-4
EAN
9788490461464
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Antonio Manuel Fraga

Ver autor

Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976. 

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.

Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais).

Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como O capitán Maimiño (Tambre-Edelvives), Papá caníbal (Xerais), Ningunha estrela levará o meu nome (Oqueleo), Como escorrentar un lobo (Cuarto de Inverno) ou Mica, Cuarzo e Feldespato (Triqueta Editora).

En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.

En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil. En 2022 foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022.

No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra santoamaro, novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021.

Con Askja (Xerais, 2025) consegue o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Antonio Manuel Fraga

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego