1. INICIO
  2. Libros
  3. SANTOAMARO
SANTOAMARO

SANTOAMARO

Antonio Manuel Fraga
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1847-0
EAN
9788491218470
Formato
RUSTICA
Avatar

Antonio Manuel Fraga

Ver autor

Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Pontedeume en 1976. 

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.

Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra O Castañeiro de Abril (Xerais).

Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como O capitán Maimiño (Tambre-Edelvives), Papá caníbal (Xerais), Ningunha estrela levará o meu nome (Oqueleo), Como escorrentar un lobo (Cuarto de Inverno) ou Mica, Cuarzo e Feldespato (Triqueta Editora).

En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft (Urco Editora), obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.

En 2018 gaña o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, convocado polo Concello de Pontevedra, con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Xerais), acadando con esta mesma obra o Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil. En 2022 foi incluída da Lista de Honra IBBY do ano 2022.

No ano 2020 gaña o XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, convocado por Edicións Xerais de Galicia, coa obra santoamaro, novela seleccionada na lista White Ravens de 2021 elaborada pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic e que tamén foi distinguida co Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Xuvenil do ano 2021.

Con Askja (Xerais, 2025) consegue o Premio Literario Pinto e Maragota, que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Antonio Manuel Fraga

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego