1. INICIO
  2. > Libros
  3. > O LADO NOBRE
O LADO NOBRE

O LADO NOBRE

Irene Lourido
0 veces listado

Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-05-28
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0819-5
EAN
9788411108195
Avatar

Irene Lourido

Ver autor
Irene Lourido (Pontevedra, 1976) é licenciada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. A súa traxectoria profesional como xornalista vai ligada á televisión pública galega, traballo que compaxina co de profesora asociada de Información Televisiva na USC. «O lado nobre» (Xerais, 2026) é a súa primeira novela, gañadora do X Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

O lado nobre é a primeira novela de Irene Lourido coa que gañou o X Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira e que sae agora publicado en Xerais. Esta foi a miña lectura destes últimos días. Irene Lourido é coñecida como profesora asociada na USC e, sobre todo, como xornalista en televisión, polo tanto unha cara familiar pero que nos descobre agora unha nova faceta. O lado nobre é un percorrido de varios meses ao longo dos cales a narradora acompaña a seu pai nun proceso infeccioso e de complicacións médicas durante a súa estadía hospitalaria. A narradora é unha muller de mediana idade cun fillo pequeno e que durante o proceso sofre o despedimento no seu traballo. O pai, un home que intenta sobrelevar as sucesivas complicacións pero que co tempo vai transitando cara unha aceptación calada. O bonito da novela a relación entre ambos, o tenro do amor en tempos de dificultade, a preocupación de ambos polo outro e a descuberta de que a vida é en certo modo iso e que a hospitalización non é simplemente unha paréntese de vida real. Eses meses sen unha ocupación máis aló da de estar, sen concentración para lecturas ou outras actividades, aparece como o momento perfecto para expresar o amor coa propia presenza. O medo, a incerteza, sobrevoan a habitación pero ese tempo sobro crea o contexto para falar, facer a árbore xenealóxica, reflexionar sobre presente e pasado, descubrirse a unha mesma, mentres se intenta protexer ao pai da realidade, a tempo que el "protéxeme da súa dor para evitar a miña." Sucédense pai e filla como narradores aínda que con máis presenza desta última e o bonito do relato é o saber que estes sentimentos son compartidos por todos os que estivemos (e estaremos) en situacións similares. A enfermidade crea un vínculo estreito e é un gran momento para a instrospección, posiblemente porque a nosa vida actual non deixa moito oco para ela. As habitacións de hospital son illas, "as épocas do ano coas súas estacións e celebracións van pasando polo hospital. Aínda que nós non pasemos por elas." Un libro doce e tenro que necesita lerse con calma para poder desfrutalo.

Outros libros de Irene Lourido

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego