V Premio de Novela Vilar Ponte 2023 Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha…
Óscar M. Guzmán (Vilamarín, Ourense, 1970), traballa como persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense. Amante do xénero policial e suspense leva publicadas tres novelas. «Os segredos de Teresa» ( Toxosoutos, 2021) e «Pero... como morren as pegas?» ( Galaxia,2024), obra galardonada co V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro, forman parte da saga do inspector Saladino Mariño.
«Só os mortos saben a verdade» (Xerais, 2026) é a súa terceira novela, coa que acadou o XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey do Concello do Grove.
A miña última lectura foi Pero... como morren as pegas?, a novela coa que Óscar M. Guzmán gañou o Premio de Novela Vilar Ponte en 2023 e publicado en Galaxia. Esta novela é unha secuela de Os segredos de Teresa e, aínda que Pero... como morren as pegas é autoconclusiva, si atopamos diferentes referencias á novela anterior protagonizada tamén polos mesmos investigadores. Nada máis comezar esta novela atopamos a morte dunha pega e inmediatamente o asasinato do empresario Rafael Soutelo, tamén coñecido como "O pego, que aparece tamén aforcado. A súa gran fortuna, a morte en estrañas circunstancias do seu irmán só uns anos antes, a cuñada que vive con el pese a que se decantou por Ramiro, o irmán, os sobriños cunha vida pouco recomendable, moitos gastos e sen intención de facerse cargo do negocio familiar, o detective contratado por Soutullo e o persoal de servizo da casa, todos eles pasan a ser sospeitosos pois a ningún deles lle faltan razóns para querer desfacerse do empresario. A trama posúe moitos elementos de interese pero o máis orixinal da novela son, na miña opinión, os personaxes. Saladino Mariño e o seu irmán Marcelino, a familia ─morto incluído─, o resto de investigadores, todos eles teñen moito carácter e a relación entre si conseguiu provocar máis dun sorriso. Moi presente a historia de Ourense, do Couto Mixto, o contrabando da fronteira, ese cadro de Brueghel no que a familia Soutelo se ve representada, e a música de Hilario Camacho e Silvio Rodríguez. Debo dicir que me custou entrar na trama pero unha vez dentro foi unha novela difícil de pousar ata o final. Imposible imaxinar a resolución sen ler toda a novela, algo moi de agradecer. Finalmente debo dicir que me encantou tanto o título como a portada, elementos que posiblemente nin quitan nin poñen á calidade da novela en si, pero que chaman moito á hora de elixir lectura. En resumo, unha novela do máis entretida.

e descubre todas as novidades do libro en galego