1. INICIO
  2. Libros
  3. VELLOUCAS & MINCHAS
VELLOUCAS & MINCHAS

VELLOUCAS & MINCHAS

Lorena Conde
0 veces listado

Despois do suceso, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Cuarto de Inverno S. Coop. galega
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4121-6045-1
EAN
9788412160451
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Lorena Conde

Ver autor

Lorena Conde Martínez, nada en Ponte Sampaio o 22 de febreiro de 1980, é unha actriz, dramaturga e poeta galega.

É licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo.

Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro, coa que gañou varios premios María Casares.

Na súa faceta de poeta, gañou a XVIII edición do Premio de poesía Miguel González Garcés (2016) co libro Entullo.

Valoracións das lectoras e lectores
4.5
2 valoracións

5 estrelas

50%

4 estrelas

50%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Carme Fouces
5

Un libro sobre a crise da vivenda escrito desde a sensibilidade e a colaboración entre mulleres de diferentes xeracións. Un gran libro

Avatar
lecturafilia blog
4

Recoñezo que ler este libro supuxo para min unha volta ás orixes, a aquelas tardes de verán nas que falaba coa miña avoa, nas que xogabamos ás cartas, nas que folleabamos revistas Pronto e Lecturas (o único acceso que ela tiña ao mundo exterior), nas que iamos coa súa vaca e conversabamos sobre os seus anos mozos e o que fora a Guerra Civil e a posguerra. Considero, pois, que Velloucas & Minchas vén a ser unha especie de homenaxe a todas as avoas, a todas as mulleres que, aínda que non se definen como feministas, si actúan con complicidade e axudando sempre ás que máis o necesitan.

Outros libros de Lorena Conde

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego