Este libro é unha homenaxe ás mans que traballan e ás que traballan coas mans. Unha ferramenta contra a opresión que se dá por evidente, que se acepta sen protestar. Un berro, unha cantiga, unha oración para esconxurar o poder da Máquina, para convocar a Liberación. Premio de Poesía Cidade de
Lorena Conde Martínez, nada en Ponte Sampaio o 22 de febreiro de 1980, é unha actriz, dramaturga e poeta galega.
É licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo.
Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro, coa que gañou varios premios María Casares.
Na súa faceta de poeta, gañou a XVIII edición do Premio de poesía Miguel González Garcés (2016) co libro Entullo.
e descubre todas as novidades do libro en galego