O Premio González Garcés vén de descubrir unha nova voz poética. Falamos de Lorena Conde, coñecida até o momento como actriz, dramaturga, directora, escenógrafa e atrezzista. Lorena Conde, con su libro "ENTULLO", é a gañadora da XVIII edición do Gonzáles Garcés, que convoca a Deputación de A
Lorena Conde Martínez, nada en Ponte Sampaio o 22 de febreiro de 1980, é unha actriz, dramaturga e poeta galega.
É licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo.
Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro, coa que gañou varios premios María Casares.
Na súa faceta de poeta, gañou a XVIII edición do Premio de poesía Miguel González Garcés (2016) co libro Entullo.
e descubre todas as novidades do libro en galego