Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión... E se ser tan pequeno fose unha vantaxe? Un conto monstruoso para aprender que todos
Estefanía Padullés (1978) naceu en Vilada, unha pequena vila do norte de Catalunya. Tras estudar Bioloxía en Barcelona, traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna en Almería, onde se dedicaba á conservación de especies e á educación medioambiental.
Abandonou esta profesión relacionada cos animais para dedicarse á ilustración e á literatura, actividades que realiza actualmente na pequena vila de Paradela (Lugo), onde vive e se inspira grazas ás paisaxes galegas.
Entre as súas obras publicadas atópanse varios álbumes ilustrados e libros de lectura para o público infantil, entre eles dous publicados en Belagua: Un mundo para Maruxa (2021) e O pesadelo de Mateo (2023). Outros libros da autora son O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, e A manchas ou a raias?.
e descubre todas as novidades do libro en galego