O que che contamos nestas páxinas aconteceu xa hai ben de anos pero foi tan importante, que a súa protagonista, María Pita, segue a ser hoxe en día un exemplo da afouteza das mulleres. Esta aventura vaite transportar a unha época onde no mar había moreas de piratas, pero non todos saíron coa súa.
Estefanía Padullés (1978) naceu en Vilada, unha pequena vila do norte de Catalunya. Tras estudar Bioloxía en Barcelona, traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna en Almería, onde se dedicaba á conservación de especies e á educación medioambiental.
Abandonou esta profesión relacionada cos animais para dedicarse á ilustración e á literatura, actividades que realiza actualmente na pequena vila de Paradela (Lugo), onde vive e se inspira grazas ás paisaxes galegas.
Entre as súas obras publicadas atópanse varios álbumes ilustrados e libros de lectura para o público infantil, entre eles dous publicados en Belagua: Un mundo para Maruxa (2021) e O pesadelo de Mateo (2023). Outros libros da autora son O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, e A manchas ou a raias?.
e descubre todas as novidades do libro en galego