Había unha vez unha selva na que todos os seus habitantes tiñan a pel con manchas. As súas vidas eran moi felices, agás por unha cousa: tíñanlles moito medo aos animais con raias que vivían na selva da outra beira do río. Pero un día, Leopardo sae a explorar... UN CONTO A MANCHAS E A RAIAS PARA
Estefanía Padullés (1978) naceu en Vilada, unha pequena vila do norte de Catalunya. Tras estudar Bioloxía en Barcelona, traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna en Almería, onde se dedicaba á conservación de especies e á educación medioambiental.
Abandonou esta profesión relacionada cos animais para dedicarse á ilustración e á literatura, actividades que realiza actualmente na pequena vila de Paradela (Lugo), onde vive e se inspira grazas ás paisaxes galegas.
Entre as súas obras publicadas atópanse varios álbumes ilustrados e libros de lectura para o público infantil, entre eles dous publicados en Belagua: Un mundo para Maruxa (2021) e O pesadelo de Mateo (2023). Outros libros da autora son O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, e A manchas ou a raias?.
e descubre todas as novidades do libro en galego