Verán do 1940. O exército alemán avanza cara a París. A poboación foxe das súas casas na capital e inicia un éxodo por estrada para evitar a guerra. Nese mesmo momento, Irène Némirovsky empeza a escribir a que vai ser a súa magna obra: un fresco coral sobre ese tempo de incerteza e medo. Suite
Irène Némirovsky, nada en Kiev o 11 de febreiro de 1903 e finada no campo de concentración de Auschwitz o 17 de agosto de 1942, foi unha escritora nada no Imperio ruso que viviu en Francia desde a súa mocidade e escribiu en francés.
Foi deportada a Alemaña en virtude das leis raciais debido á súa orixe xudía, a pesar de terse convertido ao catolicismo en 1939, e morreu en Auschwitz aos 39 anos.
e descubre todas as novidades do libro en galego