Dentro de "O soño de Esther" latexa a idea de que "o coñecemento é o contrario do medo". A súa protagonista, Esther, atopa nas vogais o fogar, o entretemento, a beleza, o camiño e a seguridade no descanso. Grazas a elas consegue escapar dunha temible treboada, que é unha metáfora da ignorancia que
Miguel Ángel Alonso Diz, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1976, é un escritor galego.
Deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso no ano 2012 coa obra O cullarapo Croque. Este libro supuxo o primeiro libro galego auto editado a través do sistema de Crowdfunding, abrindo un novo camiño no mundo da autoedición. O soño de Esther foi finalista dos premios Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano 2014 e Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado do ano 2014. Co volume O valente coello que quixo soñar foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento.
O seu segundo libro, A nena á que non deixaban ser feliz, foi seleccionado entre 10 000 títulos polo Servizo de Educación Pública de México para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensino público. En 2018 publica a novela infantil e xuvenil Música no faiado e con Luz Beloso o álbum infaltil ilustrado Piratas no recreo. Tamén con Luz Beloso autoeditaron en 2020 Unha folla vermella.
En 2022 editor de poesía de Antela Editorial.
e descubre todas as novidades do libro en galego