"As aventuras de Odiseo" son seis pequenas pezas teatrais creadas para achegar a todos (nenos, nenas e adultos) ese poema universal e marabilloso escrito en 12.110 versos por Hómero hai case tres mil anos. Con esta obra, Xosé Luna conseguiu unha Mención de Honra nos Premios Estornela de teatro para
Xosé Luna Sanmartín, nado na Estrada en 1965, é un mestre, escritor e activista cultural galego.
Estudou maxisterio e logo licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como mestre no CEIP do Foxo da Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza entre 2000 e 2015. Como escritor cultivou a poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio. Foi fundador da Festa da Poesía, partido de fútbol a prol da lingua e o Premio de Teatro Mome Varela Buxán.
e descubre todas as novidades do libro en galego