Xosé Luna dá a coñecer un ramallete de artigos que publicou na prensa en diferentes datas e que foron galardoados co Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo. Nestes traballos, eruditos, descritivos, poéticos, escritos con mestría e cunha gran dose de ironía, nunha prosa eficaz, fulgurante,
Xosé Luna Sanmartín, nado na Estrada en 1965, é un mestre, escritor e activista cultural galego.
Estudou maxisterio e logo licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como mestre no CEIP do Foxo da Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza entre 2000 e 2015. Como escritor cultivou a poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio. Foi fundador da Festa da Poesía, partido de fútbol a prol da lingua e o Premio de Teatro Mome Varela Buxán.
e descubre todas as novidades do libro en galego