Presentamos a segunda edición de De catro a catro. Manuscrito orixinal, de Manuel Antonio, un volume ao coidado de Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016. Esa edición
Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte (1922).
Mantivo arreo fortes conviccións, intentando casar o anarquismo individualista co galeguismo independentista e chamou á defensa radical do monolingüismo en galego. En 1922 publicou, xunto a Álvaro Cebreiro, o manifesto vangardista "Máis alá!", crítico coa literatura que consideraba retrógrada e propia doutras épocas. Participou no consello de redacción da revista Ronsel.
e descubre todas as novidades do libro en galego