Manuel Antonio (1900-1929) é a personalidade máis forte, fulgurante e representativa dos movementos de renovación poética e literaria da Galicia anterior a 1936. El é o máis puro e verdadeiro vangardista das nosas letras, exemplo e mestre que dun tempo para acó reivindican sobre todo as novas
Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte (1922).
Mantivo arreo fortes conviccións, intentando casar o anarquismo individualista co galeguismo independentista e chamou á defensa radical do monolingüismo en galego. En 1922 publicou, xunto a Álvaro Cebreiro, o manifesto vangardista "Máis alá!", crítico coa literatura que consideraba retrógrada e propia doutras épocas. Participou no consello de redacción da revista Ronsel.
e descubre todas as novidades do libro en galego