Dunha vez eran dez piratas (os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis sucios ), que un día partiron na procura dun tesouro. Pero nesta travesía, un logo do outro, van desaparecendo ata que só queda...
Gloria Sánchez García, nada en Vilagarcía de Arousa en 1958, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Mestra de ensino primario, especializada en lingua e literatura galega, francesa e audición e linguaxe. Moi influenciada pola literatura oral popular escribe prosa, teatro e poesía, ao tempo que se confesa admiradora das vangardas poéticas. A súa obra subxace baixo esta dobre faceta: tradición e innovación. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, portugués e coreano.
e descubre todas as novidades do libro en galego