Chinto e Tom fan unha fermosa casa no outeiro, entre un val verde e o mar, pero non cabe nela a cama herdada. Pois haberá que facerlle logo unha casa à medida... ¿E o armario non será, tamén, grande de máis?
Gloria Sánchez García, nada en Vilagarcía de Arousa en 1958, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Mestra de ensino primario, especializada en lingua e literatura galega, francesa e audición e linguaxe. Moi influenciada pola literatura oral popular escribe prosa, teatro e poesía, ao tempo que se confesa admiradora das vangardas poéticas. A súa obra subxace baixo esta dobre faceta: tradición e innovación. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, portugués e coreano.
e descubre todas as novidades do libro en galego