Teño fame de ovo frito, dixo a bruxa parva fecunda. Pero...¿como se abre un ovo? Foi preguntar ás súas malvadas veciñas.
Gloria Sánchez García, nada en Vilagarcía de Arousa en 1958, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Mestra de ensino primario, especializada en lingua e literatura galega, francesa e audición e linguaxe. Moi influenciada pola literatura oral popular escribe prosa, teatro e poesía, ao tempo que se confesa admiradora das vangardas poéticas. A súa obra subxace baixo esta dobre faceta: tradición e innovación. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, portugués e coreano.
e descubre todas as novidades do libro en galego