Nunha árbore había sete casas e, en cada casa, unha bruxa. Sempre estaban a discutir...Un día, á Bruxa Parva Facunda antollóuselle un ovo pero, como non sabía abrilo, pediu axuda ás súas malvadas veciñas. O darán aberto entre todas? Un conto onde a amizade e a comunicación son valores universais,
Gloria Sánchez García, nada en Vilagarcía de Arousa en 1958, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Mestra de ensino primario, especializada en lingua e literatura galega, francesa e audición e linguaxe. Moi influenciada pola literatura oral popular escribe prosa, teatro e poesía, ao tempo que se confesa admiradora das vangardas poéticas. A súa obra subxace baixo esta dobre faceta: tradición e innovación. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, portugués e coreano.
e descubre todas as novidades do libro en galego