Por unha fenda do tempo, Noé irrompe nas nosas augas coa súa arca chea de animaliños. Pero as circunstancias de hoxe en día vanlle causar máis inconvenientes ca o propio diluvio. E, despois desta, outra historia: a do gato dunha casa na que vive un neno moi fedello e rebuldeiro.
Gloria Sánchez García, nada en Vilagarcía de Arousa en 1958, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Mestra de ensino primario, especializada en lingua e literatura galega, francesa e audición e linguaxe. Moi influenciada pola literatura oral popular escribe prosa, teatro e poesía, ao tempo que se confesa admiradora das vangardas poéticas. A súa obra subxace baixo esta dobre faceta: tradición e innovación. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, portugués e coreano.
e descubre todas as novidades do libro en galego