O islandés Gudmund Arnórsson emprende a vella rota que os seus predecesores tardoviquingos inauguraran moitos séculos atrás, o Vestvegr. Desde Ribe, en Xutlandia, navega até chegar ao porto de Ferrol. Axéxao un pasado cheo de fracasos e turbacións. Ana Saavedra artella unha ambiciosa publicación.
Henrique Xosé Dacosta López, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1964, é un escritor e profesor galego.
Profesor de Lingua Galega e Literatura. Foi Técnico Especialista en Lingua Galega na Comisión de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Fene.
Colabora habitualmente no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Ten publicado artigos e investigacións en diversos tipos de revistas e periódicos (Agália, A Nosa Terra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia etc.), e ten participado como relator en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego