Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia
Henrique Xosé Dacosta López, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1964, é un escritor e profesor galego.
Profesor de Lingua Galega e Literatura. Foi Técnico Especialista en Lingua Galega na Comisión de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Fene.
Colabora habitualmente no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Ten publicado artigos e investigacións en diversos tipos de revistas e periódicos (Agália, A Nosa Terra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia etc.), e ten participado como relator en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego