Este conto está inspirado na afastada India, na súa tradición e cultura. Alí, unha nena chamada Naisha, ten uns poderes moi especiais: é faquir, encanta serpes e mesmo camiña sobre as brasas. Aforra cartos para matricularse na escola de maxia, ilusionistas e faquires de Bombai, porque quere ser
Alejandro Mene Pazos, coñecido como Álex Mene, nado en Vigo en 1969, é un mestre, escritor, artista multidisciplinar e comisario de exposicións galego.
Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. É profesor de cultura audiovisual e fundamentos da arte no IES Alexandre Bóveda.
A súa obra aborda temas coma o desexo, a memoria, e os roles e a Identidade de xénero. Como fotógrafo e pintor expuxo en espazos tales como a Galería Espacio 48 de Santiago de Compostela, no Museo Municipal de Ourense ou no Museo MARCO de Vigo.
Pezas audiovisuais súas participaron en festivais como o Certame de curtas de Caja Madrid, o Festival de Cine Independente de Elx, o Certame de Mozos Realizadores de Zaragoza, o Rec.06, o Festival de Creació Audiovisual de Tarragona ou o Girona Film Festival.
Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o labor de fotógrafo de Eduardo Blanco Amor intitulada O ollo cazador. Sobre a fotografía de Eduardo Blanco Amor.
e descubre todas as novidades do libro en galego