Ao gato Klops o día non lle pode ir peor: pícanlle os mosquitos, chove, a avoa bérralle... que máis lle pode acontecer? De súpeto, unha estrela aparece diante do seu fociñiño? E ao final será un día tan malo para Klops?
Estefanía Padullés (1978) naceu en Vilada, unha pequena vila do norte de Catalunya. Tras estudar Bioloxía en Barcelona, traballou nun Centro de Recuperación de Fauna Silvestre e nunha Reserva de Fauna en Almería, onde se dedicaba á conservación de especies e á educación medioambiental.
Abandonou esta profesión relacionada cos animais para dedicarse á ilustración e á literatura, actividades que realiza actualmente na pequena vila de Paradela (Lugo), onde vive e se inspira grazas ás paisaxes galegas.
Entre as súas obras publicadas atópanse varios álbumes ilustrados e libros de lectura para o público infantil, entre eles dous publicados en Belagua: Un mundo para Maruxa (2021) e O pesadelo de Mateo (2023). Outros libros da autora son O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, e A manchas ou a raias?.
e descubre todas as novidades do libro en galego